miércoles, 6 de junio de 2007

A hora de rendir contas sobre a porra comarcal



Bueno, logo duns días de merecido descanso, creo eu, aquí volvo a escribir. Unha das últimas entradas que fixen antes do día das eleccións locais do 27 de maio foi unha porra comarcal na que facía pública a miña aposta sobre os resultados elecctorais da comarca.

Houbo algunhas persoas que nas súas entradas deixaron ver que non eran tan optimistas coma min, pero xa vedes ahí está os resultados.

Por certo cando fixen a aposta esquecinme de poñer o concello de Vilariño de Conso que aínda que non é da comarca de Trives propiamente dito, a efecetos meus si que o computo xa que son o secretario comarcal de Trives-Caldelas, e Vilariño de Conso entra nesta comarca.

Pero ó que ía, antes do 27-M esta bisbarra estaba gobernada por un alcalde independiente, un alcalde socialista e sete alcaldes do Partido Popular. A verdade é que parecía case imposible gobernar nalgún outro concello, pero aí están os resultados. Se todos os pactos se resolven como deberan o PSOE gobernará en catro Concellos (en dous co apoio do BLoque), os independentes en un (co apoio do PSOE), o BNG en outro (tamén co apoio do PSOE) e o PP en tres. Imos a ver de un en un.

Vilariño de Conso: Teño que pedir disculpas por esquecerme na porra del. O resultado anterior era PP 5, PSOE 1, BNG 1. Teño que ser sinceiro e dicir que a miña aposta houbese sido un 4-2-1, tendo 2 o PSOE. Pero o resultado foi 3-2-2, sendo a forza máis votada o PP e empatando en concelleiros PSOE e BNG. Se se leva a cabo un pacto de goberno o alcalde sería o número un do PSOE por ter sido máis votado co BNG. Dende aquí quero mandarlle unha aperta ó futuro alcalde de Vilariño de Conso: Arcadio, que fora meu profesor de Lingua Española no Instituto de Trives.

Manzaneda: Eu apostara pola perda da maioría do PP e que o PSOE quedaría por diante do BNG. Acertei a medias, o PP perdeu a maioría absoluta (aínda que ande intentando ganala nos despachos, pero esto dará para outra entrada) pero o Bloque superou o PSOE por 16 votos. O alcalde pasaría a ser Toño da chacinera do BNG e o tenente-alcalde Herminio da ferretería. Os meus parabéns para os dous.

Chandrexa de Queixa: Eu vaticinei que o resultado sería PP 6, BNG 1 e PSOE 0. E o resultado foi así. O PSOE ten en Chandrexa o seu talón de Aquiles comarcal. As urnas deixaron a composición do concello tal como estaba.

San Xoán de Río: Apostei por PP 3, PSOE 3, BNG 1. O resultado foi un concelleiro máis para o BNG e un menos para o PSOE, de todos os xeitos o goberno estará igualmente conformado por socialistas e nacionalistas. O alcalde será Dario da Caixa e o tenente-alcalde será Miguel de Freixo, antigo compañeiro meu de instituto. Unha aperta para os dous.

A Pobra de Trives: Eu dixera que o PP perdía a maioría absoluta e así foi, pero apostara por un PP 5, PSOE 3, ATI 2 e BNG 1 e houbo sorpresa xa que os independentes comandados por Fran acadaron catro concelleiros. Así o resultado foi PP 5, PSOE 2 e ATI 4. No goberno municipal Fran será o alcalde e Paco da Telefónica o tenente-alcalde. Noraboa ós dous por acadar un cambio de goberno en Trives logo de 20 anos do PP.

Castro Caldelas: Propuxen un 6-3 para o PSOE e así foi. Era imposible revalidar o 7-2 das elección de 2003 xa que daquela déranse unha serie de condicións que hoxe non se daban. Aínda así o PSOE conta cun dos mellores resultados de toda Galicia. Está claro que aquí o PP non levanta cabeza.

Montederramo: Para min é a espiña cravada logo do 27-M, e sinto moito por Juan Domarco o noso candidato e un incansable loitador contra as maneiras caciquís de gobernar Montederramo. Eu vaticinei a perda da maioría absoluta para o PP cun resultado de PP 4, PSOE 3 e BNG 2, pero o PSOE quedouse con dous concelleiros, e se o BNG lograse sacar 9 votos máis hoxe teriamos un alcalde nacionalista en Montederramo, pero así son as cousas.

A Teixeira: Unha sorpresa para min. O PSOE levava uns 20 anos sin representación e acadamos 2 concelleiros, un a costa do Bloque e outro a costa do PP. O resultado foi PP 5, PSOE 2. É un moi bó resultado. Parabéns para Alberto e Miguel Solla.

Parada do Sil: A xoia da coroa. PAco Magide alcalde con maioría absoluta. Cravei o resultado. PSOE 4, PP 3, TEGA 0, BNG 0. O PSOE subiu dous concelleiros a costa do PP e os scialistas van a gobernar Parada do Sil por primeira vez na historia e con maioría absoluta.

Resumindo, antes do 27-M o PP gobernaba en sete concellos, o PSOE en un e os independentes noutro. Despois do día 16, que é cando se constitúen as corporacións o PSOE terá catro alcaldías, o PP tres o BNG unha e os independentes outra. O PSOE estará formnado parte do gobeno en seis concellos: Castro Caldelas, Parada do Sil, San Xoán de Río, Vilariño de Conso, A Pobra de Trives e Manzaneda. O PP coma sempre non ten con quen pactar e só formará goberno en Chandrexa de Queixa, A Teixeira e Montederramo