lunes, 27 de octubre de 2008

Patxi López e o compromiso coa política 2.0


Patxi López convidounos esta fin de semana ó seu gran número de amigos a través do Facebook e tamén do seu blog a que lle plantexasemos preguntas e dúbidas ata o día 30. Comprométese, a que logo de agrupalas por temas, a contestalas e resolver as dúbidas que teñamos.

É esta unha gran empresa, xa que visto o éxito que ten a súa bitácora e a súa actividade nas redes sociais nas que participa, pódenlle chover cuestión por todos os lados.

Dende logo é loable esta iniciativa. Deberían tomar boa conta dela outros/as políticos/as relevantes que por falta de tempo non están en contacto ó suficiente coa xente. Esta é unha forma de mellorar o achegamentopermanente coa cidadanía.

Eu xa lle acabo de plantexar as miñas dúbidas, se vós queredes facer o mesmo achegádevos ata o seu blog.


Fotografía do Álbum de Patxi López no Facebook