lunes, 22 de diciembre de 2008

Entrevista a Olegario Sotelo Blanco


Hoxe o xornal El País publica na súa contraportada da edición de Galicia unha entrevista en profundidade a un dos caldelaos máis coñecidos e recoñecidos tanto dentro da nosa bisbarra como alén dela, Olegario Sotelo Blanco.

Convídovos a que leades dita entrevista para que coñezades algo mellor a Olegario, este escritor, editor, periodista, antropólogo e centos de cousas máis, que non se farta de levar, fachendoso,  o nome de Castro Caldelas e da súa Quintela de Mazaira natal alá por onde vaia.

Olegario é unha desas persoas que dende a nada se forxaron a sí mesmas paseniñamente e adicando moitos cartos e tempo  a promocionar a cultura galega e a súa terra.

En fin, todo un orgullo, poder contar cun veciño así.